Joe Bonamassa foi teloneiro de BB King cando tiña apenas 12 anos. Ese precedente, que na súa dilatada carreira non deixa de ser unha anécdota, dá xa unha idea do seu talento. Bonamassa é un artista total, activo en varios proxectos paralelos, embarcado en xiras que son sempre un desafío. Joe é un renovador do blues que ao tempo reivindica os clásicos. Tamén escoitamos a Madame Bird, banda formada por músicos galegos curtidos en distintos grupos.

Podden och tillhörande omslagsbild på den här sidan tillhör AGalegaAudio. Innehållet i podden är skapat av AGalegaAudio och inte av, eller tillsammans med, Poddtoppen.