Todos os podcast | A lista negra

Todos os podcast | A lista negra

Dela

A Lista Negra é o espazo reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega. O blues é a máis negra de todas as músicas. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición do continente de orixe dos que chegaron a América como escravos e compoñentes do gospel, a música espiritual que xermolou nos Estados Unidos. Cada prog...

Visa mer

A Lista Negra é o espazo reservado ao blues en Radio Galega Música e Radio Galega. O blues é a máis negra de todas as músicas. Nel mestúranse os cantos de traballo afroamericanos, a propia tradición do continente de orixe dos que chegaron a América como escravos e compoñentes do gospel, a música espiritual que xermolou nos Estados Unidos. Cada programa da Lista Negra está dedicado a un dos grandes deste xénero, desde Howlin’ Wolf a John Lee Hooker, desde Robert Johnson a John Mayall, que nos axudarán a ir coñecendo os distintos subxéneros desta música honesta como ningunha outra: o blues do Delta, o blues de Chicago, o blues texano, o country blues, o blues rock, o blues de Nova Orleáns, o blues británico... Ademais, na Lista Negra haberá sitio tamén para o blues galego. Cada semana, un solista ou banda poderán presentar o seu xeito particular de sentir e achegarse ao blues desde a nosa terra. Un bo escaparate para artistas que non teñen tanta visibilidade como os que se decantan por xéneros máis comerciais.

Podden och tillhörande omslagsbild på den här sidan tillhör AGalegaAudio. Innehållet i podden är skapat av AGalegaAudio och inte av, eller tillsammans med, Poddtoppen.