Ola!!!! Unha vez máis, volveeeemoooos!!! (Máis repetitivas que unha tapa de callos). Retomamos as nosas charletas no espazo dixital porque, claramente, non sabemos vivir sen traballar e, xa de paso, autoexplotarnos. Precisamente, con isto arrancamos o primeiro capítulo da tempada. As vosas minitas podcasters favoritas xa son OFICIALMENTE xornalistas, e o mundo laboral é unha movida.
Precarias, enfrontándonos a centos de negativas, sen entender como se concilia, facendo cousa só para o currículo e sen saber quen somos fóra do traballo. Conclusión: Contratádenos porfi, somos esclavas do sistema capitalisa (e vivir é moi caro)
Podden och tillhörande omslagsbild på den här sidan tillhör
Cristais de Meraki. Innehållet i podden är skapat av Cristais de Meraki och inte av,
eller tillsammans med, Poddtoppen.