안녕 (Annyeong) (ou sexa, oliiiiii!!!!!) No capítulo de hoxe cruzamos fronteiras para falar con Alba Verea sobre a cultura coreana, marchar da casa, a tradución literaria, os libros da infancia e moitas outras cousas. Pero tampouco imos facer spoiler, que paga a pena escoitalo ;)
Como é traducir un Premio Nobel? Cal é a mellor forma de aprender unha lingua? Que semellanzas existen entre a cultura galega e a coreana? Todo isto e máis no capítulo de hoxe. Ide sacando o Duolingo, que a ocasión ben o merece!
Podden och tillhörande omslagsbild på den här sidan tillhör
Cristais de Meraki. Innehållet i podden är skapat av Cristais de Meraki och inte av,
eller tillsammans med, Poddtoppen.