Comezamos unha nova sección coa que queremos alargar o podcast, publicando entrevistas con persoas que por unha razón ou outra fan cousas interesantes e de certa maneira relacionadas coa temática do Fóra de mapa.

O primeiro convidado é Mario Brión, @olaxonmario nas redes, influencer das traiñeiras, Mestre Mateo award nominated, probablemente o noso maior fans, e que habitualmente publica contidos sobre identidades periféricas, literal e metaforicamente, conflitos lingüísticos e diversidade cultural con moita retranca pero tamén con rigurosidade.

Músicas: Happy to see you again - MooveKa Balkan noodles - Jonathan Hadas

Podden och tillhörande omslagsbild på den här sidan tillhör Fóra de Mapa. Innehållet i podden är skapat av Fóra de Mapa och inte av, eller tillsammans med, Poddtoppen.