Fóra de Mapa
Avsnitt

#47. Os sardos. Seica poucos, tolos e mal unidos

Dela

Sardeña é unha gran descoñecida a pesar de que cada verán millóns de turistas visitan a súa fermosa costa. Porén, a illa conta cunha cultura propia riquísima, unha diversidade lingüística enorme e un abundante patrimonio histórico.

5 linguas se falan en Sardeña, sardo, gallurese, sassarese, catalán, tabarchino e italiano, e esta diversidade, a pesar de estar ameazada por unha forte diglosia aínda é ben visible nas rúas e carreiros de cidades, vilas e aldeas do país. A condición de insularidade de Sardeña favoreceu esta diversidade e tamén que agromase unha cultura popular única, con raíces ben antigas.

Mais tamén, está condición de insularidade propiciou a explotación colonial por parte de diferentes estados que explotaron os recursos da illa sen deixar gran beneficio pra poboación local. Esta situación de colonia interna aínda ten efectos en Sardeña hoxe tanto a nivel político, como económico e cultural.

Músicas: Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Russian Dance - Joey Pecoraro Balkan - Crowander Sos de su '39 - Coro Canarjos Su patriotu sardu a sos feudatarios - Coro di Nuoro Justinianus - The Purple Throne Sonetto di Remundu Piras - Tenore Supramonte Orgosolo Daniela Pes - Ca milla dia dì

Podden och tillhörande omslagsbild på den här sidan tillhör Fóra de Mapa. Innehållet i podden är skapat av Fóra de Mapa och inte av, eller tillsammans med, Poddtoppen.